Sigue las novedades con Celsa Muñoz Leira

COMUNICADO DE AVOGADOS NOVOS DE VIGO CO GALLO DO 8 MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Publicado: 08 de marzo de 2018, 11:30
  1. INTERESANTE
COMUNICADO DE AVOGADOS NOVOS DE VIGO CO GALLO DO 8 MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

No día de hoxe, xoves 8 de marzo de 2018, desde a Agrupación de Avogados Novos de Vigo queremos manifestar o noso compromiso coa igualdade entre homes e mulleres e a total repulsa a calquera tipo de discriminación directa ou indirecta, grande ou pequena, visible ou invisible, e que teña a súa orixe no sexo ou xénero dunha persoa.

Por iso, facemos nosas as reivindicacións que neste día sinalado se están a facer desde as diversas organizacións feministas. Este apoio, ademais, non é soamente formal ou teórico, senón que o noso colectivo estará presente na manifestación convocada para as 20:00 horas cunha pancarta coa seguinte lenda: “A Avogacía Nova é feminista. Non ás violencias machistas”.

Así mesmo, queremos aproveitar este día para denunciar que no exercicio da avogacía as mulleres tamén sofren situacións de discriminación sinxelamente polo feito de ser muller. E así o demostra oestudo realizado por Metroscopia para o Consejo de la Abogacía Española (CGAE), no que se conclúe que “la situación actual en términos de igualdad de género dista mucho aún de ser la situación ideal”.

Segundo este estudio, estas actuacións discriminatorias revélanse tanto no trato recibido no seu exercicio profesional, como tamén nas dificultades de acceso aos postos de responsabilidades ou nas retribucións do seu traballo.

Como resposta a esta situación, desde Avogados Novos de Vigo, e conxuntamente con as Agrupacións de Avogados Novos de Santiago e Ourense, organizamos I Encontro de Mulleres Profesionais do Sector Xurídico, que terá lugar mañá venres 9 de marzo. Este evento, de carácter eminentemente divulgativo, ten por obxecto debater sobre a situación das mulleres profesionais nos diversos ámbitos do Dereito, dende a Universidade ata o exercicio profesional e pasando pola xudicatura, intentando acadar respostas, solucións e aportar propostas para acabar dunha vez por todas coa discriminación das mulleres tamén no eido profesional.

Noticias relacionadas

Vigo necesita un nuevo juzgado de primera instancia, el número 17. 10 dic

Vigo necesita un nuevo juzgado de primera instancia, el número 17.

10/12/2024 INTERESANTE
El atasco importante que tienen los juzgados de Vigo perjudica a los ciudadanos de esta ciudad en su acceso a la justicia. Las profesionales nos vemos impotentes ante el retraso que se produce en los asuntos que tramitamos. Estas demandas son presentadas en su mayoría por despachos grandes de
Estrenando a Cidade da Xustiza 21 nov

Estrenando a Cidade da Xustiza

21/11/2022 INTERESANTE
Por causa del azar fui la primera procuradora en tener un juicio en la nueva sede judicial de Vigo, la llamada "Cidade da Xustiza". Fue muy emocionante entrar en un edificio al que no hace tanto tiempo se acudía por motivos de salud, las personas de Vigo y de su área sanitaria teníamos como único
2022 Adiós hospital Xeral-Pirulí, hola Cidade da Xustiza de Vigo 23 feb

2022 Adiós hospital Xeral-Pirulí, hola Cidade da Xustiza de Vigo

23/02/2022 INTERESANTE
He tenido la oportunidad de visitar las obras de la Cidade da Xustiza y os cuento lo que vi. La Xunta de Galicia promueve en lo que fue el antiguo hospital de Vigo, anteriormente conocido como el Pirulí y posteriormente como Hospital Xeral y que fue inaugurado en 1947. La rehabilitación del gran
SOBRE MI 14 ene

SOBRE MI

14/01/2022 INTERESANTE
¡Hola! Soy Celsa Muñoz Leira, procuradora de los partidos judiciales de Vigo, Pontevedra, Marín, Cangas, Redondela, O Porriño, Ponteareas y Tui.Me licencié en derecho en la Universidad de Santiago y tras una etapa como abogada llevo ya 21 años en el campo de la procura. Esta previa experiencia en

Financiado por la Unión Europea - NextGenerationEU. Sin embargo, los puntos de vista y las opiniones expresadas son únicamente los del autor o autores y no reflejan necesariamente los de la Unión Europea o la Comisión Europea. Ni la Unión Europea ni la Comisión Europea pueden ser consideradas responsables de las mismas.