Categorías

Procura gratuita para as vítimas de violencia de xénero e delitos de odio

02/10/2018· INTERESANTE

2.10.2018. A xunta de goberno del Colexio de Procuradores de Vigo aproba por unanimidade propor ao Maxistrado Decano de Vigo a inclusión do servizo de procura gratuita dende o primeiro momento no protocolo de funcionamento da oficina de atención ás vítimas de delitos de xénero e de odio.

A designación gratuita dun procurador ou procuradora producirase dende o inicio do proceso, no momento no que a vítima interpoña a denuncia ante o xulgado ou a formalice, independentemente da concesión ou non dos servizos de xustiza gratuita. Será o Colexio de Procuradores o que asuma os honorarios dos profesionais.

A posibilidade de contar cun procurador dende o primeiro momento sen ningún coste permitirá axilizar os trámites previos e limitar as comparecencias das vítimas ante os tribunais ás estrictamente necesarias.

A inclusión da procura gratuita non só permite mellorar o servizo aos ciudadáns, senón tamén propiciar a axilidade e a eficacia da acción xudicial grazas á figura dos procuradores como cooperadores clave con tribunais, letrados e axentes xudiciais.

logo-procuradores-vigo.png

Descargar

Su procuradora en la provincia de Pontevedra

Celsa Muñoz Leira, procuradora de los tribunales de Vigo, Pontevedra y alrededores. Realiza todo tipo de trámites y gestiones relacionadas con los tribunales, las administraciones públicas...