Categorías

Os procuradores propoñen converterse en ‘axente executor’ para axilizar a Xustiza

06/11/2018· INTERESANTE

6 de novembro 2018. O Colexio de Procuradores de Vigo anunciou hoxe en rolda de prensa a súa intención de impulsar a figura do axente executor para axilizar a Xustiza e evitar cuantiosas perdas económicas aos contribuintes polos retrasos na execución de embargos e dilixencias. A iniciativa continúa a proposta realizada polo Consejo General de Procuradores para acelerar os tempos da actividade xudicial en toda España. Nos últimos 18 meses, os xulgados vigueses acumulan un incremento dos casos sen resolver (asuntos en trámite) do 70%, a cifra máis elevada dende 2010. Un estudo elaborado polo Colexio de Procuradores de Vigo revela que os asuntos en trámite creceron un 34% en 2017 e volveron incrementarse nun 27% no primeiro semestre deste ano, alcanzando a cifra récord de 17.027 casos pendientes de resolver.

“Non son opinións, son datos. Vigo está entre as cidades de España con maior actividade xudicial, un 36% por riba da media galega en número de casos ingresados por xulgado no último exercicio. Nós temos a capacidade e formación para xogar un papel esencial na parte máis onerosa e fácil de resolver para o afectado: as execucións de sentencias xudiciais”, suliña José Antonio Fandiño, decano do Colexio de Procuradores de Vigo. Unha enquisa realizada este verán entre os 150 procuradores colexiados en Vigo constata a mesma solución para axilizar a Xustiza en Vigo: o 73% dos profesionais reclama un papel máis activo nas execuciones xudiciais.

No encontro celebrado hoxe no Círculo de Empresarios de Galicia, o Colexio de Procuradores de Vigo analizou a actividade dos xulgados da cidade nos últimos anos, que ten unha taxa de resolución por debaixo das medias españolas e galegas. A súa proposta para mellorar a Xustiza en Vigo inclúe, ademais de propulsar a proposta do Consejo General de Procuradores para o establecemento da figura do axente executor, a consolidación das salas de reforzo e un gran pacto entre todos os profesionais xudiciais para plantexar un proxecto conxunto que permita aumentar a dotación xudicial no futuro.

“A taxa de resolución nos xulgados de Vigo é boa, pero necesitamos ir un paso máis aló para alcanzar a excelencia” explica Gisela Álvarez Vázquez, vicedecana do Colexio de Procuradores de Vigo. “A posibilidade de que os procuradores ampliemos coas nosas capacidades as do servicio común para executar embargos e dilixencias permitiría desenvolver as execucións de forma máis rápida e ampliar a capacidade dos xulgados para resolver máis casos” precisou Jesús González-Puelles Casal, exdecano e membro da xunta de goberno do Colexio.

Para que os procuradores poidan actuar como axentes executores, é preciso un cambio lexislativo que permita aos profesionais da procura desenvolver accións controladas polos poderes xudiciais, replicando o modelo dos axentes executores en Portugal ou dos hussiers noutros países europeos. O Colexio de Procuradores de Vigo anunciou hoxe un plan de encontros cos seus colegas lusos para coñecer a súa situación e estudar aqueles aspectos que poidan ser replicados en España, así como outras melloras a introducir no sistema.

Su procuradora en la provincia de Pontevedra

Celsa Muñoz Leira, procuradora de los tribunales de Vigo, Pontevedra y alrededores. Realiza todo tipo de trámites y gestiones relacionadas con los tribunales, las administraciones públicas...