O colexio de procuradores de Vigo entrevista a Germán Serrano, Xuiz decano e titular do xulgado do social Nº 2 de Vigo.

Publicado: 20 de noviembre de 2019, 10:25
  1. COLEXIO DE PROCURADORES DE VIGO
O colexio de procuradores de Vigo entrevista a Germán Serrano, Xuiz decano e titular do xulgado do social Nº 2 de Vigo.

Que o impulsou a ser xuiz decano e continuar 10 anos despois?
R: Aprofesión de xuiz é dar un servizo público. E ser xuiz decano, ademais de que me permite representar con orgullo ao resto de compañeiros, é unha proxeción máis desa vocación de servizo.
Como cambiou a administración de Xustiza na última década?
R: Todavía falta moito terreo por gañar. Estamos en plena implantación do expediente xudicial electrónico, creáronse novas dotacións xudiciais, temos unha nova sede xudicial que se está construindo… Nestes dez anos houbo melloras, pero todavía nos queda terreo por percorrer para que se deixe de visualizar a Xustiza como a irmá pobre da administración, onde case ninguén quere investir. Aínda que Galicia en materia de novas tecnoloxías e equipos informáticos está entre as primeiras comunidades de España.
Que horizonte marca a Cidade da Xustiza?
R: A nova Cidade da Xustiza ten que ser tecnolóxica. Aspiro a que traslademos o menor papel posible e que estea dotada con salas para videoconferencias, sistemas de grabación e as ferramentas necesarias para que o expediente dixital poida visualizarse en sala. Ten que ser moderna, eficaz e transparente, con todos os servizos básicos iniciais ao alcance da mán do cidadán.
Como valora a figura dos procuradores?
R: Os procuradores son fundamentais na administración de xustiza actual. Hai que recoñecer o esforzo feito na implantación do sistema Lexnet, no que son un dos actores principais. Os procuradores están chamados a asumir determinadas funcións de execución de sentenzas que aliviarían a sobrecarga que nesta materia pode haber nos xulgados.
Os procuradores solicitan executar a parte civil dos asuntos penais, é aí onde terían un novo papel?
R: A intervención do procurador na execución xa é importante. A nivel lexislativo, poderíanse ampliar certas competencias, sobre todo cando hai condenas pecuniarias para dilixenciar con maior eficacia a búsqueda de bens e de contas correntes para saldar a débeda. Para conseguilo sería necesaria una reforma lexislativa a nivel nacional. O papel dos procuradores aí podería ser moi importante.
Vigo está entre as cidades que máis asuntos ingresa por habitante entre as do seu tamaño. Por que somos tan litigantes?
R: Non creo que os cidadáns de Vigo e a súa área metropolitana litiguen máis que os dos outros partidos xudiciais. Vigo é o partido xudicial máis grande de Galicia e xera traballo pola cantidade de habitantes que ten e pola súa gran actividade económica e empresarial, que tamén xera conflictos. A nivel lexislativo, deben implantarse certas medidas que reduzan a litixiosidade innecesaria e eviten que cheguen ao xulgado asuntos que poden resolverse fóra da xurisdicción. No caso das cláusulas chan, polo exemplo, xa hai miles de sentenzas en España determinaron xa unha solución para certos contratos hipotecarios e sen embargo, síguese litigando.
Mais mediacións e menos pleitos axudaría?
R: Letrados, xuíces e procuradores debemos lanzar un sistema eficaz de mediación que poida axudar ás partes a chegar a unha solución. Chegar a unha solución sempre será mellor que unha sentenza, aínda que os xuíces estamos para resolver os problemas dos cidadáns.
Vigo ten casi 20.000 asuntos en trámite. Que se pode facer para acabar con ese atasco?
R: As ratios de resposta dos xulgados de Vigo son moi altas en tempo e o grado de pendencia é moi baixo respecto a outros partidos xudiciais de Galicia. En Vigo, poden sinalarse en 2-3 meses a vista e xuízo dunha demanda civil, contenciosa ou social. Iso en termos xudiciais, é moi rápido. A 30 de setembro entraron no decanato de Vigo 200.000 escritos entre demandas e escritos de trámite. Son moitísimo, pero quédome coa resposta fluida e rápida dos tribunais. E máis tendo en conta que todos sobrepasan o módulo de traballo ordinario que o consello ten previsto para cada xulgado.

Noticias relacionadas

Profesora de prácticas del máster en Abogacía y Procuraduría de la UVigo 27 feb

Profesora de prácticas del máster en Abogacía y Procuraduría de la UVigo

Me han pedido que colabore con el Máster en Abogacía y Procuraduría que está teniendo lugar este año, soy tutora de 4 alumnas y alumnos  que me acompañan por las mañanas, no solo en el despacho si no también en los juicios a los que asisto, tanto en Vigo como cuando voy a Pontevedra, Marín, Cangas,
Celso Emilio Ferreiro procurador y poeta. Presentación de sus poemas prohibidos 1 dic

Celso Emilio Ferreiro procurador y poeta. Presentación de sus poemas prohibidos

Tuve la satisfacción de participar en un acto organizado por el Colexio de Procuradores de Vigo y la Fundación Celso Emilio Ferreiro. Quisimos poner en valor estos poemas escritos en Vigo por el autor mientras desempeñaba la profesión de procurador. Estos versos fueron censurados y no vieron la luz
Elegida, por votación entre procurador@s, la mejor funcionaria de justicia en Vigo 11 jul

Elegida, por votación entre procurador@s, la mejor funcionaria de justicia en Vigo

Por iniciativa del Ilustre Colexio de procuradorxs de Vigo se ha escogido por votación a la funcionaria que  mejor realiza su trabajo diario, facilitando y agilizando la marcha de los procedimientos judiciales, de manera agradable en el trato y diligentemente. Quiero felicitar a la ganadora, Emma
Los procuradores/as gallegos rechazan la  nueva Ley que liquida sus honorarios 7 abr

Los procuradores/as gallegos rechazan la nueva Ley que liquida sus honorarios

El Consello Galego de procuradorxs emite un comunicado en contra del nuevo Decreto Ley de Aranceles que se quiere modificar por el gobierno y que vulnera el derecho a una remuneración digna del colectivo de procuradorxs, imponiendo rebajas en el arancel que rige nuestros honorarios

Tu procuradora en la provincia de Pontevedra

Celsa Muñoz Leira, procuradora de los tribunales de Vigo, Pontevedra y alrededores. Realizamos todo tipo de trámites y gestiones relacionadas con los tribunales, las administraciones públicas...