Categorías

O Colexio de Procuradores avanza no seu plan para axilizar a xustiza en Vigo.

15/01/2019· COLEXIO DE PROCURADORES DE VIGO

28.12.2018. Os xulgados de Vigo acumularon nos nove primeiros meses do ano 2018 a cifra récord de 21.380 asuntos en trámite, un 40% máis que en todo 2017.

Ante esta situación, o Colexio de Procuradores avanza no seu plan para axilizar a xustiza en Vigo e trasladou hoxe as súas propostas ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, para reducir os tempos nos xulgados da urbe: o impulso dun cambio lexislativo que cree a figura do axente executor. A existencia deste novo rol na actividade xudicial permitiría aos procuradores realizar embargos e dilixencias, e acelerar os tempos destes procesos.

Entre as ideas de cambio que se formulan, os procuradores propoñen ademais informar con tempo aos servizos municipais dos desahucios decretados por un xulgado, para que antes da súa execución poidan tomarse medidas preventivas e evitar desaloxos indesexables.

Su procuradora en la provincia de Pontevedra

Celsa Muñoz Leira, procuradora de los tribunales de Vigo, Pontevedra y alrededores. Realiza todo tipo de trámites y gestiones relacionadas con los tribunales, las administraciones públicas...