Categorías

Manifesto de apoio a comunidade LGTBI. Avogados_Novos

09/07/2019· INTERESANTE

Onte e hoxe, en moitos lugares do planeta estanse a celebrar diferentes eventos co gallo do orgullo da comunidade LGTBI.

Aínda que é un día de celebración non debemos tampouco esquecer a orixe desta celebración, a revolta e a loita da comunidade LGTBI para o seu recoñecemento pleno e liberdade sexual.

Dende sempre, o colectivo LGTBI ven de sufrir cotas de discriminación insoportables e a sua loita e unha loita de todos, unha sociedade que se di democrática non pode permitir a subsistencia desta discriminación.

Certo que nos últimos anos a situación estase a mudar, pero a súa igualdade e liberdade aínda non son completas. No noso propio país, cada ano os delitos de odio relacionados coa orientación ou identidade sexual van en aumento(1) e tamén o auxe cada vez máis descarado da extrema dereita, e con ela a sua defensa da normatividade e da familia tradicional. E fora das nosas fronteiras ata en 70 países as relacións sexuais consentidas entre persoas do mismo sexo son delito, e en 11 países este delito é castigado coa pena de morte(2). Por este motivo, as persoas perseguidas pola súa orientación ou identidade sexual teñen pleno dereito á solicitude de asilo.

 
Por todo isto, a súa loita e a súas demandas seguen moi vixentes e teñen que ser apoiadas por tódolos actores sociais. Así dende esta agrupación da avogacía nova de Vigo queremos mostrar o noso apoio íntegro ao colectivo LGTBI e a súa loita e dicimos que ¡nin un paso atrás!

Su procuradora en la provincia de Pontevedra

Celsa Muñoz Leira, procuradora de los tribunales de Vigo, Pontevedra y alrededores. Realiza todo tipo de trámites y gestiones relacionadas con los tribunales, las administraciones públicas...