Categorías

Manifesto no Día Internacional da Muller Traballadora

08/03/2019· NOTICIAS JURÍDICAS

O 70% das profesionais da procura son mulleres. Mais de 100 procuradoras exercen a súa profesión nos xulgados de Vigo e comarca. Hoxe, día internacional de Muller, compre que reivindicar o traballo de todas nos e seguir loitando pola igualdade de oportunidades e dereitos, facendo fincapé no absoluto rexeitamento de todo tipo de discriminación e violencia contra as mulleres.

Ademáis:

8 de marzo, día Internacional da Muller Traballadora as compañeiras da Avogacía Nova de Vigo sumámonos ao Paro Internacional feminista e a folga de 24 horas convocada en todo o Estado.

Entendemos que esta xornada é inclusiva, xa que somos diversas, mais son comúns as necesidades de:
• Rachar os estereotipos de xénero, masculinos e de elite social da nosa profesión; e todas as formas de violencias e precariedade do noso día a día.
• Derrubar o “muro dos coidados” e defender o noso dereito a vida familiar e a conciliación.
• Facernos visibles no espazo público defendendo que somos únicamente as mulleres as que temos que xestionar as nosas propias vidas e as decisións sobre os nosos corpos, sendo libres de vivir como queiramos.

As mulleres que na actualidade exercemos a avogacía segundo datos do informe de 2017, La Igualdad de género en la Abogacía Española: La evolución actual de las abogadas y los abogados, do Consejo General de la Abogacía Española, somos o 43% e os homes representan o 56% do total das persoas que nos dedicamos a esta profesión. Esta cifra non se corresponde coa tendencia de ingresos universitarios, pois dende 1996 as mulleres somos o 56% das matriculadas nas facultades de Dereito. Por que se somos mais na facultade somos menos exercendo? Que espazo hai no mercado laboral para nós? Por iso mediante este manifesto queremos deixar constancia que o noso sector, o da avogacía, non é alleo á problemática de xénero.

Ás avogadas aféctanos gravemente os denominados “teitos de cristal” ou como a nova literatura especializada comeza a referilos os “teitos maternais” ou “muros de coidados”. Se analizamos a porcentaxe de avogadas e avogados novos, isto é menores de 40 anos, vemos como as mulleres supoñemos o 72% fronte aos homes que son o 28% do total. Vemos como neste tramo de idade a profesión está feminizándose fortemente, mais esta representatividade non se reflicte en cargos directivos, nin no sector privado nin público. Un dos motivos principais da reducida mobilidade vertical das mulleres ou de que abandonemos a profesión prematuramente é a dificultade de compaxinala coa maternidade, por iso a coparentalidade responsáble é un tema central das nosas reivindicacións. Cando as avogadas somos nais temos que sufrir un sector laboral que non garante dereitos que son comúns noutros sectores, e enfrontarnos con un sistema de xustiza patriarcal. Exemplo disto é a dificultade que existe para que os xulgados cambien os sinalamentos por baixa maternal ou data probable de parto, coidado das crianzas ou persoas dependentes. En consecuencia o 77% das avogadas considera que non ter fillos nin persoas dependentes ó cargo é importante para lograr o éxito profesional, e moitas compañeiras renuncian á maternidade ou consideran este proxecto imposible se non teñen parella, renunciando en moitas ocasións á profesión para ser nais. Ademais, con certa lóxica, a dificultade de afrontar a maternidade é inmensamente maior para as avogadas que traballan por conta propia fronte aquelas que traballan por conta allea, que están en todo caso protexidas pola normativa laboral.

Se falamos de ingresos, as avogadas ingresamos de media 450€ menos ao mes que os avogados e o 17% de nós percibe uns emolumentos inferiores a 1.000€ ao mes, sendo a media do que gaña na actualidade un avogado ou avogada en España de 1.750€.

Se falamos de discriminación, moitas temos vivido situacións nas que os clientes ou compañeiros desconfían ou subestiman a nosa calidade profesional polo feito de sermos mulleres. Rara vez un compañeiro home é xulgado polo seu físico ou vestimenta. Neste sentido, os datos amosan que o As mulleres que na actualidade exercemos a avogacía segundo datos do informe de 2017, La Igualdad de género en la Abogacía Española: La evolución actual de las abogadas y los abogados, do Consejo General de la Abogacía Española, somos o 43% e os homes representan o 56% do total das persoas que nos dedicamos a esta profesión. Esta cifra non se corresponde coa tendencia de ingresos universitarios, pois dende 1996 as mulleres somos o 56% das matriculadas nas facultades de Dereito. Por que se somos mais na facultade somos menos exercendo? Que espazo hai no mercado laboral para nós? Por iso mediante este manifesto queremos deixar constancia que o noso sector, o da avogacía, non é alleo á problemática de xénero.

Por outra banda, mentres noutros sectores faise análise da situación de discriminación que sofren as profesionais por outros motivos como poden ser a orientación sexual ou afectiva, a identidade de xénero, a cor da pel ou a identidade cultural, temos que sinalar que no caso da avogacía nos atopamos cunha absoluta invisibilidade analítica que nos leva a reclamar por parte das institucións competentes o levantamento desta información para detectar as problemáticas que no noso sector se podan sufrir.

Por todas as inxustizas e discriminacións sexistas que vivimos, animamos a todas as compañeiras a secundar este día de folga, tanto as que traballan en despachos por conta propia ou allea, así como as que se atopen en prácticas ou en período de proba en sororidade co resto; porque se todas xuntas paramos, o mundo párase. Este 8 de marzo debemos:

 
• Parar nos postos de traballo e tamén nos coidados porque é preciso dar valor aos mesmos;

• Parar no ámbito do consumo, non comprando nesta data co obxectivo de fozar a mudanza do sistema de mercado actual.

• E non acudir as clases/cursos nin levar as crianzas á escola.

Xuntas podemos mudalo todo e avanzar, transformando a sociedade e creando unha forma de avogacía na que non teñamos que exercer baixo as formas mais precarias e patriarcais de traballo, na que non teñamos que soportar salarios inferiores e enquistados estereotipos de xénero, quitando os pes do chan de lodo e rachando co teito de cristal ou o muro dos coidados.

Nesta xornada de folga onde defendemos unha sociedade equitativa e sen discriminación para todas as persoas, as protagonistas somos nós, as mulleres, máis para que todas poidamos sumarnos a folga e as actividades previstas para esta data, precisamos da colaboración dos homes. Por iso queremos pedir ós nosos compañeiros que nos faciliten a participación cubríndonos nos nosos postos de traballo, substituíndonos nos xulgados, creando caixas de resistencia nos despachos e realizando na casa as tarefas de coidados.

Compañeiras vémonos durante a xornada de folga nas rúas: nas convocatorias de mobilizacións da mañá e na manifestación unitaria que sairá ás 20:00 dende Praza dos Cabalos ata Porta do Sol.

Su procuradora en la provincia de Pontevedra

Celsa Muñoz Leira, procuradora de los tribunales de Vigo, Pontevedra y alrededores. Realiza todo tipo de trámites y gestiones relacionadas con los tribunales, las administraciones públicas...